image0image1image2image3image4image5image6
Inicio
Novas
Colaboracións
Xornadas de Limpeza
Contaminacións
Actividades
Exposicións
Na prensa
Videos
Estatutos
Ligazóns
Quen somos
Contactar
Fins e obxectivos
Mapa do couto
Lexislación
¿Cómo califica as actividades levadas a cabo por esta Asociación?
 
Acceso restrinxido





¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí
Sindicación
Inicio
O río Furelos PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 27 de Decembro de 2008

Ten o seu berce a 700 m. de altitude, en Sta. Maria das Brañas (Toques), cerca do Marco das Pías, da confluencia de varios regatos que baixan dos montes do Corno do boi, na vertente occidental da Serra do Careón. O seu curso adopta unha dirección N-SO, e ten un percorrido de 20 km. Despois dun percorrido entre montanas chega o gran Val de Furelos na Comarca da Terra de Melide.
O rio Furelos ten unha ampla conca de 151,6 kms. cadrados, e proporciona un caudal de 6,63m3/sg ó río Ulla. É o segundo en aportación de caudal na provincia de A Coruña despois do río Sar.
Os seus afluentes mais importantes son o río Catasol ( VEDADO polos vertidos de purín e alcatrán dos anos 2007-8) e o río Martagona, sen esquencer o regato da Capela e o de San Martiño.
Tratase dun excelente río con varias entradas, facil de andar e badear. A pesca no río Furelos atopa augas frescas e limpas durante gran parte do seu curso. Cremos que o cauce e o seu entorno (afluentes) cunha boa xestión podrían ser auténticos criadeiros de troitas.
O río Furelos recorre o Concello de Toques, despois o de Melide e tamén o de Santiso. En todo o seu cauce abunda a troita común (Salmo Trutta) e soe dar boas e abundantes troitas. É un río medio de 10-12 m de ancho.


Diferencianse varias zonas de pesca:
1º.- Zona libre dende o seu nacemento con zonas difíciles de andar e onde o río discurre con forza ate Souto (Toques), donde ainda indo estreito podese pescar fácilmente ate chegar a Ponte de Fraga onde escomenza o Couto.
2º.- O Couto de Furelos dende a Ponte de Fraga (Toques) á Ponte Romana (Melide) cun percorrido de 9 kms, atopamos todo tipo de augas, dende calmadas e non moi profundas ate zonas de correntes que permiten o disfrute de todo pescador sexa cal sexa o seu método de pesca.
3º.- Zona Vedada dende a Ponte Medieval de Furelos (Melide) ate a Ponte de Portochao cun percorrido de 3 kilómetros.
4º.- Zona Libre dende Portochao ate a desembocadura no Ulla na Ponte Arcediago (Santiso), con percorridos fáciles de andar e troitas de bon tamaño, un dos mellores tramos libres que ofrece Galicia.

 

ver mapa

 

Resumo

 Nome do río  Furelos
 Concellos  Toques, Melide e Santiso
 Nome do couto  Furelos (9 kms.) Toques-Melide
 Límite Superior  Ponte de Fraga (Toques)
 Límite Inferior  Ponte romana (Furelos-Melide)
 Zona vedada  Ponte romana - Portochao
 Categoría  Tradicional - Troita

 

Normativa do Couto
 Permisos

 6 : martes-mércores e venres

 15 : sábados-domingos e festivos

 Capturas autorizadas  10 troitas
 Talla legal troita  19 centimetros
Dende o día 1 de xullo prohíbese o uso de engado natural

 Xornadas inhábiles

 (agás festivos nacionais

  ou autonómicos)

 luns e tódolos coutos e ríos

 xoves en tódolos coutos

 

Na parte media do río está a Ponte Mazaira, actualmente en estado ruinoso por ambos lados.

 

Casas Expendedoras
 Churrería O Burato  Cantón de San Roque, 8 (981505417)
 Asoc. Troiteiros Rio Furelos  Mateo Segade Bugueiro, 4 (696607348)
 Consellería Medio Ambiente  Luis Seoane s/n 5º andar. A Coruña (981184576)

 

Distancias a Melide
 Santiago de Compostela 50 km.
 A Coruña 75 km.
 Lugo 48 km.
 Lalín 37 km.
 Ourense 100 km.

 

Este é o noso gran río

A Asociación de Troiteiros Río Furelos representa as inquedanzas dos troiteiros e tamén dun numeroso colectivo de persoas que disfrutan, ou pretenden disfrutar, da natureza na comarca da Terra de Melide.

O río estaba plagado de arames de espiño, cercados nos ameneiros, verquidos de purín, lixo, lavadoras, rodas de camión, somieres... e como non tamén de indesexables que utilizan 'malas artes' para pescar (chumbeiras, redes, ganchos...)

Está no ánimo desta Asociación a loita contra todos estes elementos que deterioran ou perxudican gravemente, nalgúns casos os nosos ríos.

Por iso dende a Asociación de Troiteiros Río Furelos, instamos a todos os interesados no coidado do río, a poñerse en contacto connosco para ir solucionando os problemas que se presenten.

 

DISFRUTA DO RIO E DO SEU ENTORNO

 

asociaciondetroiteiros @ gmail . com

 

A Bragana.jpg
A Ponte Nova.jpg
As Fervenzas.jpg
Barazon.jpg
Choren.jpg
Fervenzas.jpg
Guillar.jpg
Pereiros.jpg
Ponte Luzdivina-Furelos.jpg
Ponte Medieval Furelos.jpg
Praia Fluvial.jpg
Vran.jpg
 

 

 
Adiviña, adiviñanza... PDF Imprimir E-Mail
Martes, 16 de Decembro de 2008

Ahí vos deixamos dous pasatempos para que vos divirtades un rato. Desta volta non imos dar pistas... un saúdo a todos.

 

 

 

 

 

 

 

Fdo.: Asociación de Troiteiros 'Rio Furelos' -insistimos, ¡non damos pistas! ;-)

 
Convenio coa Fundación Centro Cinexético e Piscícola de Galicia PDF Imprimir E-Mail
Martes, 16 de Decembro de 2008

A Asociación de Troiteiros “Río Furelos” manifesta a súa satisfacción polo importante convenio que vén de asinar coa Fundación Centro Cinexético e Piscícola de Galicia.

 

As dúas Asociacións asinantes declaran ter os mesmos intereses na defensa das augas galegas ao tempo que se comprometen a levar a cabo todo tipo de actividades de carácter pedagóxico e instrutivo coa finalidade de promover nos afeccionados á pesca unhas prácticas acaídas co imprescindible coidado dos nosos ríos.


Asinado o día 12 de novembro, o convenio contén dúas cláusulas polas que se establece unha relación de reciprocidade e traballo conxunto. Por este acordo, a Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia, comprométese a ceder de maneira gratuíta os seus terreos e instalacións en San Xuán de Tor (Monforte de Lemos) á Asociación de Troiteiros “Río Furelos” que, pola súa parte se compromete a instruír aos seus asociados, tal como o vén facendo dende a súa fundación, en prácticas de pesca e outras actividades beneficiosas co medioambiente, nomeadamente cos nosos ríos. Ademais este acordo comprométenos a trasladar á citada Fundación, de maneira desinteresada, todos os datos e informacións referentes a todo aquilo que teña que ver coas capturas, a súa tipoloxía e todo o referente ás agresións medioambientais detectadas pola nosa Asociación.


O convenio, que foi asinado en Monforte de Lemos polo Director Xerente da Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia, Francisco García Bohadilla e polo presidente da Asociación de Troiteiros “Río Furelos” Xavier Pazo Blanco é un pasiño máis nese longo camiño que nos queda por percorrer a prol da recuperación da nosa inmensa riqueza fluvial, tan maltratada e ignorada nas últimas décadas.

 

+info:

La Voz de Galicia

El Correo Gallego

 
¡Melide xa ten ría! (actualizada) PDF Imprimir E-Mail
Xoves, 11 de Decembro de 2008

Gracias a Miguel Piñeiro, chéganos unha nota de prensa da Xunta de Galicia, onde se da conta do convenio de colaboración para a construcción dunha depuradora en San Martiño. O curioso da nota é que dita depuradora "incorpora un sistema de tratamento terciario para mellorar a calidade das augas nas zonas de marisqueo". Podedes ver a nota completa dende aquí.

 

Queremos pensar que todo se debe a unha confusión coa praia da illa de Ons co mesmo que a nosa vila.

 

(Actualización)

Nova na web de Miguel Piñeiro

 
Presentación de "Lampreas e Pesqueiras" de Miguel Piñeiro PDF Imprimir E-Mail
Luns, 24 de Novembro de 2008

O libro “Lampreas e Pesqueiras” de Miguel Piñeiro foi presentado no Salón Camilo José Cela do Chef Rivera en Padrón.
Como preámbulo introductorio, proxectouse un vídeo adicado ás pesqueiras, ás artes de pesca e á cultura lampreeira.
Xa no turno de intervencións, tomou a palabra o Director de Galaxia, Víctor Freixanes quen subliñou a experiencia xornalística e investigadora do autor neste campo.
Posteriormente o restaurador Chef Rivera fixo un canto ás excelencias gastronómicas deste singular peixe.
Na súa quenda, o escritor e xornalista madrileño Joaquín España centrouse na especial amizade que mantén desde hai máis de vinte anos con Piñeiro e deu un repaso polas súas vivencias nesta terra á que está tan vencellado.
O catedrático e compañeiro de pesca do autor, Juan José Moralejo, destacou a excelencia técnica e informativa do texto e a beleza e cualidade do material gráfico e fotográfico, ademáis de incidir na falla de saúde que teñen os ríos galegos.
O prestixioso arquitecto César Portela, amigo persoal da familia Piñeiro, destacou o abandono no que están sumidas estas construcións hidráulicas e reparou na fonda amizade que mantivo co pai do autor.
Miguel Piñeiro, como continuación de Portela, fixo un encendido alegato en defensa das Pesqueiras do Ulla para concluir entregando uns sorprendentes agasallos en proba de agradecemento: a César Portela un debuxo do seu pai Agustín do ano 1950, a Chef Rivera unha tarxeta manuscrita do Nobel padronés Camilo José Cela do ano 1983 e a Víctor Freixanes como Presidente da Fundación Otero Pedrayo, unha carta do Patriarca das Letras Galegas do ano 1964. A Moralejo e a España, apalabroulle un salmón en Ximonde para 2009.
Ao acto asistiron un centenar de persoas.

 

1.jpg
2.jpg
3.jpg
4.jpg
5.jpg
 

 

 
Comunicado da III Saida de Campo (Cogomelide) PDF Imprimir E-Mail
Mércores, 19 de Novembro de 2008

O pasado sábado 15 de novembro, esta asociación celebrou a III SAIDA DE CAMPO na busca de cogomelos na que participaron 20 persoas.

Nesta saida, atopáronse exemplares de 55 especies distintas, que a cargo do experto micólogo, Oscar Lugris, foron identificadas e clasificadas nunha exposición na Praza da Herva, da zona dos viños de Melide, á cal se achegaron os veciños ante a curiosidade destes exemplares de chamativas cores e formas.

Despois dunha charla, na que se falou do xeito correcto de recoller os cogomelos e as precaucións na identificación dos cogomelos comestibles mais comúns, os participantes pasaron a degustar un menú preparado por Xan Pérez consistente en:

1. Revolto de Boletus
2. Boletus con gambas en salsa de tona e castañas
3. Boletus a plancha
4. Revolto de Niscalos e Cantharellus
5. Pinchos Morunos acompañados de Niscalos e Cantharellus
6. “Orgasmo de monte” Sobremesa de mus de chocolate con figos e Cantharellus envolto nunha filloa

 

Todo este menú foi acompañado con viños de Mencia e Rosal

A xunta directiva agradece a participación e a colaboración prestada.

 

Asdo. Xan Pérez

 

Boletus a Plancha.jpg
DSCN4270.jpg
DSCN4277.jpg
DSCN4282.jpg
DSCN4349.jpg
DSCN4356.jpg
DSCN4362.jpg
DSCN4366.jpg
DSCN4367.jpg
DSCN4368.jpg
DSCN4370.jpg
DSCN4377.jpg
DSCN4382.jpg
DSCN4383.jpg
DSCN4405.jpg
DSCN4419.jpg
DSCN4446.jpg
DSCN4449.jpg
Exposicion.jpg
Exposicion2.jpg
Orgasmo de monte.jpg
Revolto de Boletus.jpg
 

 
III Saida de Campo na procura de cogomelos PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 15 de Novembro de 2008

A Asociación Micolóxica COGOMELIDE apadriñada pola Asociación de Troiteiros 'Rio Furelos', organiza a III Saída de Campo na procura de cogomelos.

Esta saída terá lugar hoxe día 15 de novembro ás nove da mañán dende a cafetería 'O Burato'.

Os recorrdios faránse por diversos montes da Terra de Melide, acompañados sempre por monitores coñecedores de distintas variedades de cogomelos.

Ás tres do serán no bar 'O Noso Bar' faráse unha charla con clasificación de cogomelos recollidos, a cargo de Oscar Lugrís, e inmediatamente pasarase á preparación dos mesmos por Xan Pérez e degustación para todos os participantes.

Esta Asociación quere expresar o seu agradecemento pola súa colaboración a 'O Noso Bar'.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 82 - 90 de 207