image0image1image2image3image4image5image6
Inicio
Novas
Colaboracións
Xornadas de Limpeza
Contaminacións
Actividades
Exposicións
Na prensa
Videos
Estatutos
Ligazóns
Quen somos
Contactar
Fins e obxectivos
Mapa do couto
Lexislación
¿Cómo califica as actividades levadas a cabo por esta Asociación?
 
Acceso restrinxido





¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí
Sindicación
Inicio
Comunicado Río Xubia (Eloi Saavedra) PDF Imprimir E-Mail
Luns, 01 de Febreiro de 2010
QUE FIXEN EU PARA MERECER ESTA FEDERACION
 
Parafraseando o título da película de Almodovar me vexo, e estou nun punto que non sei se debo rir ou chorar.
Non contentos con intentar amedrentar periodistas mediante as querelas fora de lugar.
Non contentos cun silencio cómplice nos desastres de Eume e Xallas.
Non contentos con gastar diñeiro público en incentivar campionatos sobre especies alóctonas e invasoras.
Pois agora resulta que tamén lles deu por intentar que o resto da comunidade que formamos a Federación esteamos caladiños. E os que nos movemos parece que non imos saír na foto, ou iso creen eles...
Vaiamos por partes: Na asamblea do ano 2009 o que suscribe parece ser que falou demais. Entre outras cousas díxenlles que non me parecía de recibo o cómplice silencio que a Federación adoptara no caso do Eume (na súa acta despachan este tema cunha referencia a que unha sociedade invitada mencionou o tema), tamén puxen en dúbida aspectos menores das contas.
Finalmente na asamblea que ven de celebrarse en Lugo este fin de semana tiven o meu pago. Consisteu este en non permitirme acceder á mesma, retirándome o carácter de asambleista que tiven na anterior. O argumento era que na constitución da asamblea tra-lo período electoral a sociedade á que represento (XUBIA) Non dispoñía do nº de tarxetas suficientes para estar representada na mesma Recórdolles que en ningún momento da anterior asamblea se me fixo notar que non formaba parte da mesma e por suposto intervín en igualdade de condición có resto de compañeiros alí presentes.Tamén lles recordo que Xubia adoptou, hai dous anos xa, a decisión de federar obrigatoriamente a tódolos seus socios de pesca, tra-lo cal o seu nº de tarxetas aumentou ata as 58 coas que conta na actualidade. O que é relevante neste caso é que logo de seguir as súas argumentacións para aumentar os federados, logo isto non serve de nada. Tamén direi que non é relevante o argumento de que hai catro anos non tiñamos ese nº de federados, pois xa me informei de que esa limitación se pode levantar previa notificación á Dirección Xeral.
Logo disto que me queda por pensar. Pois é sinxelo, se nun caso se permite participar de forma alegal (opinando e incluso votando), e mais tarde se me impide facelo, sen criterio fixo de ningún tipo, só me queda un razoamento. E este non pode ser outro que o de que me queren calar como clube, toda vez que as posicións públicas da sociedade Xuvia sobre toda unha serie de asuntos non lles gustan nada.
Como non, a sacudida verbal que lles metín na ponencia que presentei (Pesca e Poder) nas Xornadas do Grupo Miguelpesca de Rois en Novembro do ano pasado imaxino que tiveron moito que ver na decisión de calarme.
Non obstante quero que saiba Sr Romarís (¿ou debería dirixirme ó que manexa dende as sombras todo o negociado?) que nin vostede nin outros me van facer calar. Pode que coa aplicación retorcida da normativa se salve na asamblea polo momento, pero esta normativa non o ha salvar para sempre.E tamén quero que saiba que hai moita xente que tiña cousas que dicir é os que deixaron fóra da asamblea. Non se preocupe, estou en condicións de asegurarlle, que si ben pensaba que ía ter un fin de mandato repousado, este non vai ser tan regalado.
Por de pronto avánzolle, que a Sociedade de Caza e Peca Xuvia, considérase deste este mesmo instante desvinculada da organización do Campionato autonómico de Mosca, ningún directivo nin socio a título individual vai participar na mesma logo do agravio cometido con esta sociedade.
Coma comprenderá, unha sociedade que non pode participar nas Asambleas da Federación non é de fiar, e non pode ter loxística nin capacidade de organización para un evento así. Así que a pelota queda no seu tellado, non dubido que a estas alturas da lectura dirá vostede: E que problema hai? Non se preocupe da súa capacidade de organización non teño dúbida, xa a puxeron de manifesto na organización do Campionato de España do 2007
Con todo isto quérolle decir que se agarren, que veñén curvas
 
Eloi Saavedra é presidente da Sociedade de Caza e Pesca Xubia
 
VII Asemblea Xeral Ordinaria Asoc. Troiteiros Río Furelos PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 30 de Xaneiro de 2010

LUGAR: SALÓN  DE ACTOS MULTIUSOS DE MELIDE

DÍA:       27 DE FEBREIRO DE 2010

HORA: 16:30  1ª CONVOCATORIA

17:00  2ª CONVOCATORIA

Modelo de delegación de Voto


Ler máis...
 
Depuradora polígono da Madanela. Melide PDF Imprimir E-Mail
Mércores, 20 de Xaneiro de 2010

Xuntamos enlaces onde se recolle a noticia da estrevista entre a Acaldesa de Melide Socorro Cea (BNG) e a concellala da oposición Anxeles Vázquez (PP) no que se valora o problema da depuradora do polígono industrial da Madanela.
Saúdos.
 
 

http://www.elcorreogallego.es/opinion/la-quinta/ecg/melide-partidismos/idEdicion-2010-01-20/idNoticia-507553/

http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/construccion-depuradora-poligono-cuerda-floja/idEdicion-2010-01-20/idNoticia-507588/ajaxstarrater/db.php?j=4&q=507588&c=5&i=1&x=noticias
 
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/01/20/0003_8239237.htm
--

 
Un proxecto longamente agardado PDF Imprimir E-Mail
Luns, 18 de Xaneiro de 2010
 Xuntamos comunicado de prensa e enlaces dunha nova moi agardada polo pobo de Melide e por todolos troiteiros e afeizoados a naturaleza.
 
UN PROXECTO LONGAMENTE AGARDADO
 
 
A Asociación de Troiteiros “Río Furelos” quere manifestar a súa inmensa satisfacción ao coñecer a través dos medios de comunicación da posta en marcha de todos trámites para levar a cabo unha obra de extraordinaria importancia para todos os veciños e visitantes de Melide. Referímonos ao proxecto de recuperación integral programada polo Concello para a tan esquecida área recreativa fluvial do río Furelos.
 
Xa na anterior lexislatura no ano 2006 remitiramos escritos a Medio Ambiente, Augas de Galicia e á Alcaldesa de Melide, daquela do PP, para que se levasen a cabo as actuacións necesarias que fixesen posible a utilización segura e cómoda das instalacións por parte dos veciños. Neles requiríase, sobre todo,a limpeza do cauce do río, que por estar cheo de lodos impedía o baño. Mesmo chegaramos a recoller máis de 1050 sinaturas nun escrito que fora entregado no Concello o 11 de setembro de 2006 e posteriormente a augas de Galicia . Dende aquela xa choveu.
Máis agora non podemos por menos que darlle os parabéns ao Concello por acordarse deste espazo público á hora facer un investimento que rondará os 300.000 € a cargo dos fondos do novo Plan E, acompañados da outra actuación de 100.00 € do Plan da Deputación de A Coruña no plan Terras Ulla-Tambre.
Os melidenses saudamos con ledicia esta nova e acollemos a toma de decisión do Concello de Melide cunha expectante alegría, agardando que o investimento se faga con sentidiño. Xa vai sendo hora de que Melide teña unha área recreativa como se merece e os seus veciños e veciñas non teñan que verse na obriga de desprazarse a concellos limítrofes nas épocas estivais para disfrutar do seu lecer
 
 
 
 
Asdo. Xavier Pazo Blanco
Presidente Asoc. Troiteiros Río Furelos                                 Melide, 18 Xaneiro 2010


http://pescarmona.blogspot.com/
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/01/19/0003_8237124.htm
http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/protagonistas-hoy-pilar-peon-iglesias-xavier-pazo/idEdicion-2010-01-19/idNoticia-507194/
 
Por unha xustiza sen venda nos ollos PDF Imprimir E-Mail
Luns, 18 de Xaneiro de 2010
POR UNHA XUSTIZA SEN VENDA NOS OLLOS.
 
Adoita representarse a Xustiza como a figura dunha muller impasible cos ollos vendados, sostendo unha balanza nunha man e coa outra empuñando unha espada en posición de descanso. Os romanos tomaron esta deusa grega Themis e transformárona na súa Iustitia. Velaí o significado desa simboloxía: os ollos vendados para representar a súa imparcialidade; a balanza que reflicte o equilibrio á hora de sopesar o que se xulga e a espada, en descanso, que demostra que só se debe castigar se é preciso. Esta simboloxía encerra, polo tanto, os requisitos básicos que agardamos de calquera decisión xudicial.
Porén, no devir diario estamos asistindo, con máis frecuencia da desexada, a fallos xudiciais que, como profanos, nos deixan abraiados, porque parecen atentar contra o máis elemental sentido común.
Voume referir ao desastre do río Catasol de Melide do que se acaba de producir o primeiro fallo xudicial. Para iso cómpre refrescar un pouco a memoria dos sufridos lectores.
Mediaba setembro de 2007 e a Asociación de Troiteiros “Río Furelos” de Melide daba a voz de alarma. Nun treito de dez quilómetros do río Catasol, as troitas e peixes aboiaban mortos nunha cantidade que, despois da contaxe de varios días, sobrepasou as catro mil pezas. Aviso inmediato á gardería, mobilización do SEPRONA, denuncia diante da garda civil... Non fixo falta un equipo de CSI para dar coa orixe de tal mortaldade. Dende unha granxa porcina próxima ao río, os depósitos de purín eran aliviados vertendo o seu contido a través dunha mangueira que rebordaba o cerrado da finca para abocar directamente no río. Por outra parte, axudados polos gardas, fixemos unha meticulosa recollida de troitas, certificada pola propia gardería, en presenza de testemuñas e máis testemuñas. Visita de autoridades ao lugar do “crime”: Delegado da Consellería de Medio Ambiente, Alcaldesa de Melide, Concelleiro de Medio Ambiente... Ampla cobertura mediática: prensa, radio televisión... que recolleron as contundentes manifestacións públicas do Concelleiro de Medio Ambiente de Melide nas que anunciaba que o Concello se ía personar na causa como acusación particular... E unha vez todo en mans da xustiza agardar o seu ditame.
Pois ben, dous anos despois, falou a Xustiza. Os que asistimos ao xuízo xa sabiamos que os compromisos públicos adquiridos polo Concelleiro de Medio Ambiente de Melide de presentarse na causa como acusación particular non se cumprirían. Así foi, no xuízo o Concello de Melide brillou pola súa ausencia e co seu acto de omisión, nunca xustificado ante a opinión pública, preferiu mirar para outro lado antes de velar polos intereses de todos.
Por outra parte, o fallo do xuízo só se pode entender dende unha interpretación pintoresca da simboloxía da xustiza coa que comezaba esta reflexión. Xa di o refrán que “non hai peor cego ca o que non quere ver”. Despois de declarar testemuñas, membros da gardería 
que viron cos seus propios ollos o corpo do delito e axudaron no reconto das troitas mortas; despois de seren presentados informes analíticos das augas, elaborados por funcionarios da Consellería, que non foron contradecidos nin impugnados polos letrados dos acusados, nos que se demostraba a letal contaminación da auga... despois de todo isto, a Xustiza declara inocentes aos acusados. Hai que ter os
ollos moi vendados para negarse a ver as evidencias. Ese día a balanza da Xustiza estaría enferruxada? Non se inclinou a favor da verdade e do dereito que lles asistía aos demandantes por moito que pesasen as probas e evidencias en contra dos acusados. E ante este fallo o Concelleiro de Medio Ambiente segue calado coma un peto.
Agora ben, aínda non chegamos ao remate do camiño. Contra a resolución fica o dereito de apelación. Esta foi presentada o pasado tres de novembro pola fisgala do
caso. Oxalá con ela sexa quen de lle tirar a venda dos ollos á deusa Xustiza e co seu ditame o resto dos mortais poidamos seguir as nosas vidas acreditando un pouco máis na súa invulnerable imparcialidade, porque ante un destrozo de tal magnitude producido con semellante aleivosía, concordarán vostedes comigo, en que a espada da xustiza non debería seguir en descanso. Así pois, agardemos confiados baixo a protección da deusa Themis.
 
 
 
 
 
Presidente Asoc. Troiteiros “Río Furelos”                                                                                                         
Asdo: Xavier Pazo Blanco                                           
 
 
 Melide, 3 decembro 2009
Artigo escrito polo noso "Presi" Xavier sobre o xuizo polos vertidos de purin no Río Catasol do ano 2007 e publicado na revista especializada  de pesca "TRUEIRO" e no xornal "CERNE".



 
O PP e a Depuradora do Polg. da Madanela PDF Imprimir E-Mail
Domingo, 17 de Xaneiro de 2010

O PP denuncia neste artigo o inclumplimento do convenio para a construcción da depuradora do Poligono da Madanela

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/01/17/0003_8232949.htm


 
Reforma da Praia Fluvial de Furelos PDF Imprimir E-Mail
Domingo, 17 de Xaneiro de 2010
Noticia en "LA VOZ DE GALICIA" e "EL CORREO GALLEGO" respectivamente que falan da reforma do area recreativa con Solariun e Pantalán Flotante incluidos

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/01/17/0003_8232950.htm

http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/melide-vedra-dan-luz-verde-junta-gobierno-local-proyectos-plan/idEdicion-2010-01-17/idNoticia-506638/

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 37 - 45 de 207