|
Luns, 31 de Decembro de 2007 |
"A Consellería de Medio Rural ven de poñer a 'primeira pedra' para a nova Ponte Mazaira no río Furelos".
Velaí están os titulares dumha noticia importante para a Terra de Melide e as persoas que a habitamos: a foto (o retrato no seu senso máis proprio) e a letra (no senso xurídico-político). Ponte... Verba milagreira onde as haxa. Polisemia nos beizos dumha melidá. Ponte... No diccionario Cumio: 1. Construcción edificada sobre accidentes xeográficos, como ríos, foxos e outros lugares, para o paso de vehículos ou persoas dun lugar a outro... 12. fig. Lazo de unión.
Velaí temos a polisemia lingüística e social. A obriga de procurar umha definición acaída no tempo da historia recente da Terra de Melide sobre a verba ponte abres as portas de pór sobre esta páxina a memoria e os seus interrogantes. Cantos anos levaba esta ponte inutilizada para a función que ven definida no diccionario? Cantos gobernos pasaron polo Estado, Galiza e os Concelhos afectados neses anos? Cantos concelheiros e deputados conformaron esas maiorías que permitiron acceder aos distintos gobernos? Que partidos sustentaron esas maiorías? Na minha, cada vez máis reducida memoria, cónstanme distintas alternativas e cada umha delas apoiadas por persoas da nosa Comarca. Incluso tivemos un Alcalde-Senador que non debía conhecer o significado da palabra ponte e a situación na que se achaba A PONTE MAZAIRA no seu longuíiiiiiiiiiisimo mandato. Eis o resultado, un máis da combinación da implicación no porvir de onde umha é. Velaí a diferencia entre o deputado-senador-concelheiro-alcalde-Conselheiro... comprometido coa súa xente e aqueloutro que fai da política o seu particular beneficio. A foto ( o retrato no seu sentido máis proprio) e a letra ( no senso xurídico-político) numha das ribeiras definen o devir dos 30 ( si, trinta) últimos anos. Disimulade, non é a foto... é a PONTE. Velaí temos, máis umha vez, a velha troita, desta volta aproveitando as derradeiras chuvias desta invernía tan seca na procura dos seus desovadoiros a cantar entre brinco e brinco "en Suevia asoma a primavera". Grazas Fernando Blanco. Grazas directiva da Asociación. Grazas Sra. Alcaldesa. Exeria Branco. 30/12/07 |
|
Na prensa. Semán 51 (17 dec - 23 dec) |
|
|
|
|
Martes, 25 de Decembro de 2007 |
|
|
|
Comunicado de prensa. Ponte Mazaira. |
|
|
|
|
Venres, 21 de Decembro de 2007 |
|
A Consellería de Medio Rural ven de poñer a “primeira pedra” para a nova Ponte Mazaira no río Furelos. Empregados da empresa Tragsa colocarón no día de onte os paneis informativos nas inmediacións do río e escomenzarán a obra a mediados do mes de xaneiro do vindeiro ano.
Esta nova ponte que ten un presuposto de 243.695,83 euros é unha demanda da Asociación de Troiteiros e veciños do lugar dende fai case 15 anos. E todos mostran a satisfación que será completa cando se remate e se poida transitar por ela. Hai que lembrar as innumerables xestións levadas a cabo pola Asociación de Troiteiros en mán do seu presidente, Xabier Pazo, a través dos distintos organismos públicos: Concellos, Deputación e Xunta de Galicia nestes tres últimos anos. Esta ponte de vigas prefabricadas terá 3 vanos de 9,1 m de luz e unha altura libre de 3 m. O seu ancho será de 6 m e a lonxitude total de 37,2 m xa que presenta unha esviaxe de 36º respecto ó leito do río. Para a construcción do taboleiro empregaranse vigas prefabricadas de 60 cm de canto sobre as que se disporá unha lousa de comprensión de 20 cm. Este apoiarase sobre dous estribos con aletas nas marxes e sobre dúas pilas de 3 m que descansarán sobre o leito do río. Inclúese a colocación de varandas e o acondicionamento das marxes do río con escolleira nos arredores da ponte. Ademáis, nos accesos á ponte procederase á apertura de gabias e á aplicación de balastro, grava e triple tratamento nunha lonxitude total de 965 m cun ancho medio de 4 m. Ten un prazo de execución dun ano pero calcúlase que pola facilidade de entrada das máquinas que estea rematada en catro meses. Xabier Pazo, presidente do colectivo de troiteiros, mostra a súa satisfación polo inicio das obras e confirma que xa están traballando para novas actuacións que se terán que facer sobre outras pontes e camiños para mellorar os accesos como é o caso da Ponte da Pedra.
|
|
|
En Suevia ha ser primavera... |
|
|
|
|
Venres, 21 de Decembro de 2007 |
|
"O Concello de Melide vaise presentar como acusación partícular", sabemos que a moitos non lles vai gustar, pero non podemos seguir permitindo actos así. Probablemente sexa certa esta afirmación. Probablemente manifeste temores atávicos. Porén vides de dar un gran paso: estades a abrir as portas da Casa do Concello. Cuando unha era unha pícara e percorría as rúas de Melide naquelas inagotables batalhas entre a Alóndiga (maravilha desfeita por aquela dereita indefenibel...) e San Roque; entre o Cruceiro e o Castelo... digo que cuando percorríamos as rúas, nese fragor da batalha sempre achábamos um aquel para parar e olhar para as chaminés para procurar a dirección do vento... "Ven do Bocelo... Ven do Bocelo... e nevaba". Ledicia. Do norte nunca veu nada malo para os melidáns. Do norte, do Bocelo, ven o Furelos. E brinca libre, orgulhoso... E recréase na Fervena e recibe cos seus brazos abertos aqueloutros que lhe aportan sabedoría e vida. Do norte ven o Catasol... Do norte ven o ar cando remata o San Roque e anuncia un tempo de repouso. Mereceu a pena agardar tantos anos... Síntome orgulhosa de ter un goberno municipal que se pon a fronte da súa vila cargado de razóns. "Sabemos que a moitos non lhes vai gustar", certo. Tamén sabemos que a moitísimos si lles vai gustar: aos meus pais que nos levaban a Ponte Vella a nos bañar e merendar nos serán prenhados de felicidade. Aos meus netos porque de certo que van recibir un río mellor. Aos vecinhos e vecinhas que sabemos que se ven de pór unha primeira pedra para nos poder volver banhar na Tosta... a contorna do río... Aos esquíos brincadeiros entre os amieiros... Aos namorados que recuperan á ribeiro logo de estar aramada... A velha troita asomou, máis umha vez, cun brinco rebelde e liscou río abaixo, na procura de augas máis profundas... no seu percorrido, xuráronme varios vecinhos, ía alegremente dicíndolhes aos ribeiráns que a querían escoitar "en Suevia ha ser primavera"... "en Suevia ha ser primavera"... Sra. Alcaldesa Socorro Cea, Sr. Tte. de Alcaldesa Manuel Prado Puga vides de pór o primeiro caravel. Grazas. Exeria Branco. Recibido 19/12/2007 ás 23:15 horas |
|
|
V Concurso de surf-casting “Santiaguiño do Monte” |
|
|
|
|
Mércores, 19 de Decembro de 2007 |
Un total de 31 pescadores disputaron o pasado 17 de decembro o "V CONCURSO DE SURF-CASTING SANTIAGUIÑO DO MONTE", organizado polo clube W.LATORRE de Padrón.
A pesar das baixas temperaturas, en plena ola de frío en Galicia, e do mar batido que foi en aumento en toda a proba, os concursantes lograron un bo número de capturas. Houbo concursantes de varias que non acadaron o podio. O vencedor foi Tino Rodríguez cun total de 6 capturas (4 sargos, 1 lubina e 1 lenguado) e 3000 puntos, seguido do ferrolán Eduardo Franco con 5 pezas e 2150 puntos e Luis Piñeiro, tercer clasificado, con 2 pezas e 1390 puntos. Antonio Quintana clasificouse cuarto con 2 pezas e 1120 puntos. |
|
Ler máis...
|
|
|
O rio Furelos aparece conxelado |
|
|
|
|
Mércores, 19 de Decembro de 2007 |
Tamén chega á Terra de Melide o frio anunciando o inverno inusual nesta época do ano con temperaturas moi frías.
O río Furelos, sucumbe ó frio destes días e despois de sufrir temperaturas mínimas de -9º e máximas de +3º, aparece conxelado. A auga aparece cuberta cunha capa de xeo de 2,5 cm. e faise insoportable o frío xélido e estar preto do seu cauce, perxudicando así a meirande parte dos veciños que van pasear pola súa ribeira, a non ser pola curiosidade do evento, algo que non recordan nin os máis vellos do lugar. |
|
|
Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia en 2008 |
|
|
|
|
Martes, 18 de Decembro de 2007 |
O Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia mantivo un encontro cos medios de comunicación galegos, especializados en pesca nas modernas e modélicas instalacións do Pazo de Tor en Monforte de Lemos.
A finalidade primordial da reunión era que Francisco García-Bobadilla Prosper, Director do Centro, dera a coñecer as actividades e proxectos para o ano que ven, ademáis de intercambiar opinións con outras partes implicadas sobre a actualidade da pesca continental en Galicia. Bobadilla anunciou a creación do Comité de Homologación de Trofeos de Pesca, a Escola de Pesca con cursos de lance e montaxe, o Taller de Montaxe anual, a celebración dunha xornada de debate sobre a actualidade da pesca, a iniciativa de solicitar a catalogación de "coto intensivo" ás lagoas da finca e o compromiso do Centro de sumar como patróns colaboradores a diversas sociedades das catro provincias galegas. Asimesmo, fixo pública a invitación a tódalas sociedades de caza e pesca de Galicia para que se involucren no proxecto do Centro e participen nas actividades programadas para os próximos anos. Á reunión, ademáis da prensa, asistiron tamén recoñecidos representantes do sector piscícola coma o Presidente do Clube Salmo, Miguel Alvarez, e o Secretario da Asociación de Pescadores da Ulloa, Xosé Antonio Guerra; os maestros artesáns Julio Seijas, Oscar Gayoso e Xaquín L. Muíños; a alta competición de Galicia, David Arcai e Diego Abuín; o escritor e colaborador de prensa Juan José Moralejo e os máximos responsables da Feira Sidenatur. Na mesma reunión, Patricia Bermejo, Coordinadora da Fundación Rapala, fixo un repaso ás actuacións e actividades levadas a cabo nos últimos meses polo seu organismo en colaboración co Centro de Tor. A reunión concluiu cunha visita ás instalacións, á finca e ás lagoas. Gabinete de Comunicación do Pazo de Tor. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 181 - 189 de 207 |