Continuando coa campaña iniciada como consecuencia do desastre do Rio Catasol polos vertidos de zurro dunha granxa de porcino, a Asociación de Troiteiros "Rio Furelos" chega aos centros de ensino.
Primeiro foi a presentación da exposición fotográfica sobre o desastre ecolóxico no rio Catasol a pasado 11 de setembro de 2007. Nesta charla, o concello de Melide, a través do concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Prado, deu a coñecer a decisión do concello de Melide de se presentar como acusación particular contra o autor do vertido de zurro. Agora a actividade divulgativa diríxese a0s escolares. Concretamente nos centros de educación infantil e primaria do concello de Melide. O mércores desta semana tocoulle ó Colexio da Martagona, tamén coñecido como 'número dous'. Nesta charla, conducida polo vocal de Medio Ambiente da Asociación, Xan Pérez, o Vicepresidente da Asociación, Xurxo Pazo, e os propios mestres, aos que lles agradecemos a súa viva implicación no tema, proxectáronse dous documentos audiovisuais; o primeiro, sobre o desastre no rio Catasol e 0 segundo, sobre as xornadas de limpeza no rio Furelos, Martagona e Vilamor no verán pasado. Despois da proxección dos documentos, os nenos convertéronse en auténticas 'metralletas' que disparaban preguntas. Preguntas que ían directamente ó que non é comprensible: ¿Cómo pode haber alguén que mate miles de troitas?, se alguén fai así, ¿vai directamente ó cárcere?, ¿xa se sabe o que tivo que pagar o que cometeu tal delito? ¿quen tira coches no rio?, etc. Dende o 14 ata o 20 de xaneiro estará presente en dito colexio. Mostraránse uns paneis cunha exposición de máis de 200 fotografías, que recollen dende o inicio ate o final do desastre. Tamén se proxectará un video con imaxes do desastre e outro das III Xornadas de limpeza. Ademáis levaráse a cabo unha charla-debate cos escolares o día 16 na que se pretende concienciar a todo o mundo. Tamén se están repartindo entre todos os grupos políticos, asociacións, etc. os cd's do desastre e das III Xornadas de Limpeza para que sexa visionado por todos e así poder sacar as mellores conclusión para evitar este tipo de desastres e concienciar a todos sobre a importancia do coidado da natureza. Esta campaña terá continuidade os vindeiros días nos seguintes colexios: Mestre Pastor Barral, e no CEIP Nº 1. |