image0image1image2image3image4image5image6
Inicio
Novas
Colaboracións
Xornadas de Limpeza
Contaminacións
Actividades
Exposicións
Na prensa
Videos
Estatutos
Ligazóns
Quen somos
Contactar
Fins e obxectivos
Mapa do couto
Lexislación
¿Cómo califica as actividades levadas a cabo por esta Asociación?
 
Acceso restrinxido





¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí
Sindicación
Inicio
Felicidades CERNE PDF Imprimir E-Mail
Xoves, 04 de Febreiro de 2010


Con motivo da publicación do xornal CERNE TERRA DE MELIDE do nº 50, non queremos deixar pasar a ocasión para felicitalos nesta data tan simbólica.

FELICIDADES CERNE


Alá por decembro de 2004 saía do prelo o primeiro número da revista mensual da ASETEM, coa cabeceira “Cerne Terra de Melide” Era un proxecto ambicioso de comunicación para a nosa bisbarra que se propuña a distribución gratuíta de 2000 exemplares.
Os seus fundadores botárono andar coa teima de que cos anos fose un melidense máis, pero sobre todo, co obxectivo de que fose unha útil ferramenta de comunicación para os melidenses, que naquela altura careciamos dun medio de información local que se ocupase da nosa vida, das nosas inquedanzas.
De certo que ten que ser un motivo de satisfacción para os seus fundadores e para todos os melidenses ver como mes a mes, ao longo destes anos os responsables desta publicación cumpriron sobradamente co seu compromiso.Grazas ao Cerne, puidemos coñecer asuntos da nosa intrahistoria que para outras publicacións pasaron desapercibidas. O Cerne xa é algo consustancial a nós mesmos, onde se reflicte o noso devir cotiá.
Dende a Asociación de Troiteiros, no nome da que escribo estas liñas, o noso recoñecemento polo labor e o esforzo sostido que isto representa. Non queremos deixar pasar esta oportunidade, na que se cumpren os 50 números desta publicación, para felicitar aos responsables actuais e na súa persoa a todos os que puxeron o seu graíño de area para que esta publicación fose medrando cuantitativa e cualitativamente ata se converter nun referente de publicacións comarcais. Aberta, plural e sobre todo fiel á nosa lingua, á nosa cultura, en definitiva á nosa idiosincrasia.
Cada vez que como veciño, ou Asociación, quixemos dar a coñecer a nosa opinión, sempre atopamos as portas abertas e a máis desinteresada colaboración de Cerne de Melide. Por todo o que levo dito, o meu agradecemento no nome da Asociación de Troiteiros “Río Furelos” que presido, cos desexos de podermos contar con “CERNE, Xornal da Terra de Melide” moitos anos máis.
    Asdo.    Xavier Pazo Blanco.
Presidente da Asociación de Troiteiros “Río Furelos”                Melide, 4 febreiro 2010
 
< Anterior   Seguinte >