image0image1image2image3image4image5image6
Inicio
Novas
Colaboracións
Xornadas de Limpeza
Contaminacións
Actividades
Exposicións
Na prensa
Videos
Estatutos
Ligazóns
Quen somos
Contactar
Fins e obxectivos
Mapa do couto
Lexislación
¿Cómo califica as actividades levadas a cabo por esta Asociación?
 
Inicio arrow Fins e obxectivos
Fins e obxectivos PDF Imprimir E-Mail
Xoves, 27 de Setembro de 2007
Asociación de Troiteiros Río Furelos é unha organización sen ánimo de lucro, que ten como fins primordiais a preservación do medio físico e o fomento da pesca responsable nas concas do Río Furelos.

Os seus obxectivos son múltiples:

Por unha parte, definir e facer chegar, tanto á administración como á sociedade en xeral, una maneira de interpretar a pesca e o río que nace da cultura e a tradición galega.

Por outra parte, a busca de mecanismos que permitan o uso sostible destes recursos naturais e a súa recuperación, sen detrimento das actividades agropecuaria e industrial.

Son iniciativas da Sociedade:
  • Limpeza e depuración de augas.
  • Mantemento do ecosistema da ribeira.
  • Adecuación das defensas das márxes mediante sistemas de menor impacto ambiental.
  • Velar polo cumprimento dos caudais ecolóxicos.
  • Recuperación do partrimonio histórico fluvial.
  • Denuncia de vertidos contaminantes.
  • Loita activa contra o furtivismo.
  • Concienciación cidadá.
  • Participación en feiras como Narcenatur e en actos de carácter divulgativo.
  • Contribución á moratoria da pesca de salmónidos en alta mar.
  • Repoboación de troitas, reos, salmóns, anguías,etc.