Quen somos | Quen somos |
|
|
|
| Luns, 17 de Setembro de 2007 | |
|
Os amantes da pesca espallados pola bisbarra de Melide dispoñen xa dunha asociación, impulsada por 22 afeccionados, para fomentar a práctica deste deporte no municipio melidense, e na súa contorna: Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes. Este colectivo, dende o que se pretende tamén potenciar a práctica doutras actividades deportivas menos estendidas na zona, pero tamén vinculadas ó medio ambiente, quedou formalmente constituído nun encontro de convocatoria aberta, que se celebrou na tardiña do venres, día 3 de xuño de 2005, na sede da Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem). Os socios fundadores da Asociación de Troiteiros Río Furelos, nome co que nace este colectivo, elixiron democráticamente a xunta directiva, na que figura como presidente Xavier Pazo Blanco, e márcanse como obxectivos a medio prazo, asumir a xestión do couto do río Furelos e defender os intereses do colectivo. A día de hoxe contamos con 348 socios, e contamos incrementar esta cifra nos vindeiros meses. |



