image0image1image2image3image4image5image6
Inicio
Novas
Colaboracións
Xornadas de Limpeza
Contaminacións
Actividades
Exposicións
Na prensa
Videos
Estatutos
Ligazóns
Quen somos
Contactar
Fins e obxectivos
Mapa do couto
Lexislación
¿Cómo califica as actividades levadas a cabo por esta Asociación?
 
Inicio arrow Exposicións
A campaña "Desastre no rio Catasol" na rúa PDF Imprimir E-Mail
Xoves, 29 de Novembro de 2007

A campaña sobre o desastre no río Catasol segue o programa establecido e  xa exta nas rúas de Melide, pasou polas Praza do Convento, praza das Coles "ou Constitución", praza da Herba, rúas Calvo Sotelo, Moa, Alberte Lafuente, X. Franco, Cantón de S. Roque., Av. de Toques...

  Acompañada de grandes carteis nas que se visionan máis de 200 fotos e da entrega dun documento no que se analiza o dano causado e as posibles repercusións no Medio Ambiente.

   Xabier Pazo, presidente do colectivo de pescadores, mostra o seu agradecemento a todolos visitantes e sinala a gran receptividade mostrada polos visitantes e a súa gran preocupación polas medidas a tomar. Todos agardan que sexan efectivas e que pouco a pouco sucesos desta índole sexan só un mal recordo do pasado.

   A campaña terá continuidade nas vindeiras datas nos colexios de ensino da Terra de Melide, que abarcan os Concellos de Melide, Toques, Santiso e Sobrado cunha duración en cada centro dunha semana para que os escolares poidan visionar o vídeo do desastre e as distintas fotografias e así poder facer un traballo.

 

dscn1444.jpg
dscn1472.jpg
dscn1475.jpg
dscn1482.jpg
dscn1515.jpg
praza_convento.jpg
praza_convento_01.jpg
rua_franco.jpg
rua_franco_01.jpg
rua_franco_02.jpg
 

 
Inauguración da exposición "Desastre no rio Catasol" PDF Imprimir E-Mail
Xoves, 22 de Novembro de 2007

Image Na charla informativa de exposición da CAMPAÑA DEFENSA MEDIO AMBIENTE, pódense ver 25 carteis con máis de 200 fotos nas que se recolle dende o inicio do verquído no río Catasol, o pasado 11 de setembro, ate a visita das autoridades do Concello de Melide e o Delegado de Medio Ambiente, Manuel Tages, ao punto contaminante.

    Os representantes políticos do Concello de Melide, asociacións e demáis veciños que se acercaron a vela mostraron a súa sorpresa  polas imaxes e recoñeceron que estaban moi sorprendidos polas mesmas.

    O Presidente, Xabier Pazo, fixo unha pequena introducción  de todo o traballo feito pola Asociación  e declarou que  este tipo de actos témolos que evitar entre todos e xa é hora de tomar medidas. Lembrou pasados verquídos no río Furelos, Pambre,Ulla,Umia,Cabrón e Xallas.

 

Ler máis...
 
Campaña sobre desastre Rio Catasol PDF Imprimir E-Mail
Martes, 20 de Novembro de 2007

Image Este mércores día 21 escomenzamos unha campaña de Defensa do Medio Ambiente.

Levaráse a cabo no Multiusos de Melide unha exposición fotográfica, acompañada dunha charla-debate  e da proxección audiovisual do desastre  ecolóxico ocurrido o pasado día 11 de setembro no  río Catasol. Como todos sabemos  o Río catasol sufriu unha agresión contaminante que, tendo en conta as consecuencias inmediatas para a flora  e fauna fluvial, os medios de comunicación non dubidaron en calificar de "desastre ecolóxico".

Durante varios días, os voluntarios da Asociación e membros da gardería estiveron recollendo e catalogando as troiotas (4195 en toal) e demais animais envelenados. A Administración púxose en funcionamento e os medios de comunicación trasladaron o acontecido á opinión pública. Neste caso, só fica que fale a xustiza.

 

Ler máis...
 
Charla desastre rio Catasol PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 17 de Novembro de 2007

Image O vindeiro  mércores día 21 as 20:30 h faremos a presentación  da exposición fotográfica do Desastre ecolóxico do río Catasol, que durará do 21 o 30 de novembro no Multiusos de Melide.

    Faremos unha charla informativa de como están as actuacións levadas a cabo pola Asociación e os distintos organismos implicados, Consellería de Medio Ambiente, Seprona, Augas de Galiza e Concello de Melide. Todo isto irá acompañado dun debate, seguido da visualización do vídeo do desastre e a exposición de máis de 200 fotografias.

    O sábado e o domingo sacaremos a exposición ás rúas  e prazas de Melide, para desta maneira testimoñar o noso rexeitamento e facer que as persoas que por impedimento de horarios,  non poideron asistir, podan visualizala e dar testimuña da súa opinión.

    A exposición terá continuidade nos colexios de ensino da Terra de Melide para que os escolares podan facer os seús traballos e así entre todos colaborar para que estes actos non volvan a pasar.
 
¡¡ Por un río vivo !!