image0image1image2image3image4image5image6
Inicio
Novas
Colaboracións
Xornadas de Limpeza
Contaminacións
Actividades
Exposicións
Na prensa
Videos
Estatutos
Ligazóns
Quen somos
Contactar
Fins e obxectivos
Mapa do couto
Lexislación
¿Cómo califica as actividades levadas a cabo por esta Asociación?
 
Inicio arrow Actividades
Acto de protesta a prol da Ponte Mazaira PDF Imprimir E-Mail
Mércores, 12 de Agosto de 2009
A Asociación de Troiteiros “Río Furelos” de Melide celebrou este domingo, día 9, un acto reivindicativo para protestar polos incumprimentos nos que está a incorrer a  Administración Autonómica no tocante á construción da Ponte Mazaira.
Percorrendo varias rúas de Melide nun “barco” rechamante, os compoñentes da sorprendente caravana fixeron unha prolongada parada no Cantón de San Roque para informar aos medios e aos numerosos curiosos que alí se achegaron sobre a situación de “impase” no que se atopa a construción da citada ponte pola que tanto levan loitado. A continuación continuaron o traxecto pola estrada no mesmo barco ata deixalo ao pé do río Furelos onde xa debería lucir a nova ponte. As desculpas recibidas a través das autoridades locais non lles parecen xustificación suficiente para que un proxecto, no seu día foi cualificado de vital importancia para o ordenamento territorial, fique agora esquecido. Por iso, ademais deste acto reivindicativo, o presidente da Asociación vén de presentar a pasada semana no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas da Coruña unha petición de entrevista co Xefe Territorial da citada Consellería para recabar información sobre as causas que están detrás deste inxustificado retraso. Queremos lembrar que esta obra foi anunciada publicamente vai facer agora dous anos, mesmo se fixo público o orzamento destinado a tal infraestrutura e, a día de hoxe, nin sequera está o panel que durante uns meses anunciaba a súa construción. 
 
Actividades para os próximos meses PDF Imprimir E-Mail
Domingo, 08 de Marzo de 2009
A Asociación de Troiterios “Río Furelos” de Melide vén de aprobar as múltiples actividades que comezarán coa colaboración nas Xornadas de Pesca Ninfa “Conde Waldemar” que se celebrarán nos ríos Ulla e Furelos do 19 ao 22 de marzo.
CartelPor outro lado, o campionato organizado pola asociación “Río Furelos” será por cuarto ano consecutivo o vindeiro 4 de abril, e practicamente xa estaremos metidos de cheo noutra actividade a celebrar o 18 de abril: trátase de xuntar aos mellores pescadores nun Máster de Campións de Ninfa.
No mes de maio, o sábado día 9, temos previsto organizar por primeira vez un Campionato Xuvenil de Pesca. Reservamos o 1º domingo de xullo para o Día do Socio, e as VII Xornadas de Limpeza fican programadas para o derradeiro sábado de agosto e os dous primeiros de setembro. Como vén sendo habitual, en outubro e novembro convocaranse os Cursos de Montaxe de Mosca e Culleriña realizados por mestres artesáns.

É a nosa intención seguir co acondicionamento das sendas que transcorren á beira do río Furelos, aumentando en tres quilómetros os tres xa acondicionados o ano pasado. Repoñeremos os sinais que, este mesmo ano, foron repostos pola Asociación e moitos deles xa desapareceron, están tirados no río, e mesmo serviron de branco para cazadores desaprensivos.
Todas estas actividades non van minguar a nosa participación e colaboración no Proxecto Ríos, tanto na Campaña de Primavera coma na de Outono.
Finalmente, renováronnos o Convenio de concesión do Couto do río Furelos e podemos anunciar que se está a elaborar un borrador dun novo Convenio que terá unha vixencia de 5 anos, e que melloraría substancialmente a concesión de coutos para a nosa Asociación, xa que nos aproximaría a un 50% , o que suporía unha mellora dun 10% adicional.

Melide 7 de marzo de 2009

 
Unha nova troita con marca de lamprea PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 21 de Xuño de 2008

Adxuntamos as fotos da última troita capturada cunha marca de lamprea. Esta vez foi pillada unha troita de 35 cm. coa marca da lamprea no río Furelos á altura de Vrán, no concello de Santiso, moi preto do límite co concello de Melide.

O troiteiro que fixo a captura é Iván Varela Carreira e unha vez máis amosamos a nosa preocupación ante o alcance que poida ter esta, imos chamarlle, 'epidemia'.

vran_01.jpg
vran_02.jpg
vran_03.jpg
vran_04.jpg
 

 

 
Renovación do convenio coa Consellería de Medio Ambiente PDF Imprimir E-Mail
Sábado, 14 de Xuño de 2008

O pasado 13 de xuño recibimos a prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e a entidade colaboradora Asociación de Troiteiros Rio Furelos.

Aproveitamos para recordarvos que mañan domingo celébrase en Melide o encontro do Voluntariado Proxecto Rios.

convenio río furelos (doc. 2, 2008).jpg
convenio río furelos (doc.1, 2008).jpg
 

 
Dia do Socio. 1 de xuño de 2008 PDF Imprimir E-Mail
Mércores, 04 de Xuño de 2008

A Asociación de Troiteiros "Rio Furelos" celebrou este pasado domingo, día 1 de xuño, e por terceiro ano consecutivo o Dia do Socio. O evento ó que acudiu a Sra. Alcaldesa do Concello de Melide (Socorro Cea) tivo lugar nas instalacións da Praia Fluvial do río Furelos co maior éxito de participantes de todos os que se levan celebrados ata agora, xa que o número de comensais se achegaba ao centenar. Maiores, mozos e nenos degustaron en amigable compañía un xantar preparado polo restaurante O Toxo a base de tortilla, empanada, pulpo á feira, churrasco e outras viandas que precederon ós postres e cafés, momento no que a Directiva da Asociación aproveitou para repartir entre os socios os cen primeiros chalecos co emblema da Asociación.

dscn2197.jpg
dscn2199.jpg
dscn2200.jpg
dscn2207.jpg
dscn2208.jpg
dscn2213.jpg
dscn2221.jpg
dscn2250.jpg
foto 1.jpg
foto 2.jpg
foto 3.jpg
 

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 9 de 39