|
Mércores, 26 de Agosto de 2009 |
A orixe da vertedura que o pasado fin de semana ocasionou a morte de centenares de peixes nun tramo do río Sarria, a poucos quilómetros da localidade lucense do mesmo nome, continúa sendo unha incógnita. As hipóteses máis fiables sobre a procedencia sinalan a algunha das dúas depuradoras de augas residuais da vila ou a unha fábrica de queixo que xa orixinou verteduras noutras ocasións, aínda que en ningún caso foron contaminantes.
Este río xa sufrira verteduras en numerosas ocasións que tornaron as súas augas dunha cor branca moi escura, pero é a primeira ocasión na que aparecen peixes mortos. Os veciños aseguran que as augas non rexistraban o ton esbrancuxado doutras ocasións e que ofrecían unha imaxe máis gris e turbia.
+info:
La Voz de Galicia (24-08-09)
La Voz de Galicia (25-08-09) |
|
|
CONTAMINACIÓN NO RIO CASTRO |
|
|
|
|
Martes, 30 de Xuño de 2009 |
O Sábado día 27 de Xuño de 2009, produceuse un verquido no río Castro (afluente do Xubia) de lodos de decantadora, dende a canteira que o Grupo de empresas Cuiña ten no lugar de Castro (Concello das Pontes) na Serra do Forgoselo.
Podedes ver o comunicado de prensa facendo click AQUI
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 30 de Decembro de 2008 |
|
Que en inspección rutinaria o dia 29 de Decembro de 2008 atopouse cos seguintes desperfectos no entorno do Río Furelos, no concello de Melide:
• PONTE DE LUZDIVINA: Dous segmentos dos petriles de seguridade, atópanse tirados no camiño que vai o río e mesmo o rente do seu cauce., Ademais de tres vallas rotuladas co logotipo do Ministerio de Fomento sumerxidas no cauce do río
• PRAIA FLUVIAL DO RIO FURELOS: Dous tramos da tarima de tableiros de madeira colocados polo concello este verán desapareceron (Creemos que como consecuencia das últimas crecidas do río) Quedando un dos tramos fora da súa ubicación co risco de correr a mesma sorte que os anteriores.
SOLICITAMOS
RESPECTO A PONTE DE LUZDIVINA
• Que se fagan os trámites necesarios para que os segmentos dos petriles sexan repostos no seu lugar de orixen.
• Que se sinalice ó lugar afectado adecuadamente.
• Que se retiren as vallas do cauce do río
RESPECTO A PRAIA FLUVIAL
• Que se retire o tramo de tarima, ou se asegure adecuadamente para que non desaparezca como os outros tramos.
**Adxuntanse fotografias de todo o citado
+info:
La Voz de Galicia
|
|
|
Verquidos fecais no rio Furelos |
|
|
|
|
Sábado, 25 de Outubro de 2008 |
|
A Asociación de Troiteiros Río Furelos ven de denunciar a existencia de verquidos fecais no Furelos. As augas residuais procedentes de dúas aldeas desta parroquia van directamente ó cauce fluvial, xusto debaixo da ponte medieval, e moi preto das instalacións do campamento xuvenil de Melide, provocando os consecuentes malos olores nunha zona de paso constante de pelegrins a Santiago.
As augas fecais da aldea de Furelos desembocan directamente no río a través de 2 tubos de formigón e tamén por outro de PVC. Pese á existencia dunha depuradora no lugar, a de Santa María, ésta atópase en desuso. Por ela pasan as augas fecais, pero non as depura e van directamente ao Catasol, a case un kilómetro río arriba do lugar onde houbo o verquido de alquitrán en verán.
|
|
|
Luns, 25 de Agosto de 2008 |
O pasado xoves 21 de agosto tivo lugar unha mortandade de troitas no rio Dubra ó seu paso por Val do Dubra.
O sinuoso e chispeante afluente do Tambre recibía un verquido que aniquilaba unha cantidade indeterminada de troitas e escalos. A Sociedade O Ranqueiro presentou a oportuna denunca ante o Seprona.
A exemplar sociedade coruñesa, cos seus 200 socios, asiste a un terceiro verquido en pouco e ve como os seus esforzos por conservar o río resultan inútiles. De nada valen as xornadas de limpeza que organizan, a escola de pesca, a vixilancia que efectúan a nivel particular, a veda solicitada a raíz dos verquidos anteriores... un verquido acaba con todo o traballo realizado.
¿Cal será o seguinte?
+info: miguelpesca.com |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 1 - 9 de 21 |